miércoles, 26 de noviembre de 2008

Actividades nROLate 08: Heroclix

Non so de fantasía épica e futurista vívese no mundo das miniaturas... os nosos heroes de sempre tamén teñen un oco. Dun lado os da Marvel, ou mellor os da DC, non importa. Poderedes aprender a manexarvos cas vosas personaxes favoritas e pelexar cas do voso opoñente.

E non so iso, os primeiros que se acheguen e participen desta actividade levaranse coma agasallo unha figuriña de Batman, o rei das tebras, o cabaleiro escuro.

martes, 25 de noviembre de 2008

Actividades nROLate 08: Yu-Gi-Oh!

Grandes e pequenos, durante o fin de semana estarán connosco un grupo de asiduos xogadores do xogo de cartas Yu-Gi-Oh!. Preparade os vosos mazos cos feitizos máis potentes para competir con eles e facelos morder o po. Van vir guerrilleiros, pero tamén traerán algunha sorpresiña debaixo do brazo para os máis ousados.

Actividades nROLate 08: Classified

Os amantes das emocións fortes non deben deixar pasar esta aventura! Unha incrible e terrorífica partida de rol en vivo baseado no mundo de Cold City.

Mais unha actividade para o Sábado(6 de decembro) pola noite.... máis detalles o mesmo día da partida.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Actividades nROLate 08: Crónicas de Gáidil

Coma o ledes! O sábado as 12 da mañá (non vos esquezades da hora!) teremos unha mesa redonda cos autores do xogo de rol "As Crónicas de Gáidil". Pablo Fernandez e Nacho Rodriguez escribiron o primeiro libro en galego feito por galegos.

Falaremos sobre a orixe do xogo e a súa xestación, doutros xogos, do mundo de rol en xeral e de todo o que poida xurdir. Vos tamén teredes voz e poderedes preguntarlles todo o que queirades.

Pasarán todo o día connosco, aproveitade!! Estas oportunidades non se dan todos os días!!

Visitade o seu blog: http://ascronicasdegaidil.blogspot.com/

Actividades nROLate 08: Warhammer

As miniaturas van ter este ano un protagonismo especial. Imos ter moitos xogadores de Warhammer armados con moita paciencia, non so dos seus exércitos, para ensinarnos a xogar a este abraiante xogo.

Entre eles contaremos con xente da Asociación Cultural Mixtura, promotores do Torneo de Warhammer de Valladares (en Vigo) no que na sua última edición xuntaron máis de 60 afeccionados. ¡60 exércitos loitando entre eles!

As sorpresas están garantidas... e mentras podedes visitar o seu blog: http://acmixtura.blogspot.com/

Actividades nROLate 08: Obradoiro de pintura

Os rapaces da Asociación de Maquetistas Celtas, de Redondela, visitaránnos o Sábado (6 de decembro). Din que van traer unha boa colección de bártulos, polo que curiosos e interesados non dudedes en aparecer polas Xornadas!.

Esta xente está disposta a deixarnos pampos con seus traballos e, sobre todo, cas técnicas que usan para pintar. Rumoréase que algún vai levar o aerógrafo!! Iso ha de ser digno de ver en acción.

Podedes visitar a sua web: http://www.maquetistasceltas.org/

martes, 18 de noviembre de 2008

Actividades nROLate 08: Diplomacy

Comenzamos a anunciar as actividades:

O domingo (7 de decembro) pola tarde estaremos dedicados a ensinarvos a xogar o DIPLOMACY. Trátase de un xogo de taboleiro moi sinxelo, no estilo do Risk. Tende por seguro que quedaredes con ganas de máis!!!

jueves, 13 de noviembre de 2008

6 e 7 de decembro


O fin podemos dicir as datas nas que imos a celebrar as xornadas deste ano. Moito foi o traballo realizado e o moito é o que aínda queda por vir.

En pouquiño tempo iremos enumerando as actividades que estamos a preparar de cara á edición deste ano. Mantédevos atentos o blog para coñecer todas as novidades!!

Aloxamento nROLate 08

Nas datas deste ano fará un pouco de frio e polo tanto desaconsexamos que a xente veña a acampar este ano. Pero como pensamos en vos estivemos a buscar opcións e unha delas e a Pousada da Juventude situada na veciña Vila Nova de Cerveira. Atópase a 10 minutos de Goián e os prezos son máis que asequibles:

Por persoa en cuarto multiple: 13€
Por cuarto dobre: 32€

O link é: http://www.pousadasjuventude.pt/edicoes1/pousadas/artigos.asp?rev=1&cat=23&art=222