sábado, 25 de agosto de 2007

Resultado das Xornadas e novos proxectos

Podemos dicir que as Xornadas de Rol foron un pequeno éxito para Alifáfaro. Todos os asistentes quedaron moi contentos co resultado, coas actividades dispostas e ca cantidade de regalos que tiñamos para todos aqueles que participaron, ademais dos gañadores das competicións.

Afianzáronse as boas relacións cos actuais colaboradores e patrocinadores, e creáronse novos contactos de cara aos futuros eventos relacionados co mundo dos Xogos de Rol.


Por outra banda podemos facer oficial o comezo da preprodución dunha longametraxe que será rodada o longo do 2008: “Ulises, a Zampamonstros”. O xénero da mesma estará encadrada na serie B, propia do Hollywood dos anos 50, e pretende achegar aos máis xoves da comarca ao proceso de realización dun filme. Coñecerán de preto como fan os efectos especiais, como se actúa para as películas ou como se compón música para elas.

En pouco tempo iremos amosando diferentes deseños da produción, así coma subiremos imaxes das Xornadas de Rol: nRolate.

No hay comentarios: