martes, 20 de mayo de 2008

Quentando motores do nROLate 2008


Debido ao éxito acadado durante as “Xornadas de Rol: nROLate” celebradas o pasado ano, a Asociación Alifáfaro repite a experiencia neste ano 2008. Tódolos asistentes valoraron positivamente esta actividade colectiva e lúdica, polo que este ano haberá novos regalos para os participantes e novas competicións.

As boas relacións cos actuais colaboradores e patrocinadores, e os novos contactos creados a partir daquela experiencia, fan posible que hoxe poidamos adiantar a data do vindeiro nROLate, previsto para finais de agosto.

Grazas á contribución de diferentes editoriais, ao fondo adquirido pola propia asociación e a coleccións privadas de diversos membros asociados, poderemos contar cunha ampla selección de xogos nos seus diferentes campos. Todos eles formarán parte das exposicións e estarán a disposición dos asistentes, co fin de incrementar a oferta de ocio na vila para a xente nova.

No hay comentarios: