Coma o ledes! O sábado as 12 da mañá (non vos esquezades da hora!) teremos unha mesa redonda cos autores do xogo de rol "As Crónicas de Gáidil". Pablo Fernandez e Nacho Rodriguez escribiron o primeiro libro en galego feito por galegos.
Falaremos sobre a orixe do xogo e a súa xestación, doutros xogos, do mundo de rol en xeral e de todo o que poida xurdir. Vos tamén teredes voz e poderedes preguntarlles todo o que queirades.
Pasarán todo o día connosco, aproveitade!! Estas oportunidades non se dan todos os días!!
As miniaturas van ter este ano un protagonismo especial. Imos ter moitos xogadores de Warhammer armados con moita paciencia, non so dos seus exércitos, para ensinarnos a xogar a este abraiante xogo.
Entre eles contaremos con xente da Asociación Cultural Mixtura, promotores do Torneo de Warhammer de Valladares (en Vigo) no que na sua última edición xuntaron máis de 60 afeccionados. ¡60 exércitos loitando entre eles!
Os rapaces da Asociación de Maquetistas Celtas, de Redondela, visitaránnos o Sábado (6 de decembro). Din que van traer unha boa colección de bártulos, polo que curiosos e interesados non dudedes en aparecer polas Xornadas!.
Esta xente está disposta a deixarnos pampos con seus traballos e, sobre todo, cas técnicas que usan para pintar. Rumoréase que algún vai levar o aerógrafo!! Iso ha de ser digno de ver en acción.
O domingo (7 de decembro) pola tarde estaremos dedicados a ensinarvos a xogar o DIPLOMACY. Trátase de un xogo de taboleiro moi sinxelo, no estilo do Risk. Tende por seguro que quedaredes con ganas de máis!!!
O fin podemos dicir as datas nas que imos a celebrar as xornadas deste ano. Moito foi o traballo realizado e o moito é o que aínda queda por vir.
En pouquiño tempo iremos enumerando as actividades que estamos a preparar de cara á edición deste ano. Mantédevos atentos o blog para coñecer todas as novidades!!
Nas datas deste ano fará un pouco de frio e polo tanto desaconsexamos que a xente veña a acampar este ano. Pero como pensamos en vos estivemos a buscar opcións e unha delas e a Pousada da Juventude situada na veciña Vila Nova de Cerveira. Atópase a 10 minutos de Goián e os prezos son máis que asequibles:
Por persoa en cuarto multiple: 13€ Por cuarto dobre: 32€
O link é: http://www.pousadasjuventude.pt/edicoes1/pousadas/artigos.asp?rev=1&cat=23&art=222
Xa temos imaxe para o nROLate deste ano, iso quere dicir que o proxecto está moi avanzado e andamos a falar con colaboradores e patrocinadores.
Esta edición haberá moitas novidades e sorpresas para todolos públicos. Pero como ainda estamos organizando todo, ¿qué e o que vos gustaría que houbese nesta edición?.
Debido ao éxito acadado durante as “Xornadas de Rol: nROLate” celebradas o pasado ano, a Asociación Alifáfaro repite a experiencia neste ano 2008. Tódolos asistentes valoraron positivamente esta actividade colectiva e lúdica, polo que este ano haberá novos regalos para os participantes e novas competicións.
As boas relacións cos actuais colaboradores e patrocinadores, e os novos contactos creados a partir daquela experiencia, fan posible que hoxe poidamos adiantar a data do vindeiro nROLate, previsto para finais de agosto.
Grazas á contribución de diferentes editoriais, ao fondo adquirido pola propia asociación e a coleccións privadas de diversos membros asociados, poderemos contar cunha ampla selección de xogos nos seus diferentes campos. Todos eles formarán parte das exposicións e estarán a disposición dos asistentes, co fin de incrementar a oferta de ocio na vila para a xente nova.
Esta noite terá lugar na cidade de Vigo a presentación do filme “Ulises a Zampamonstros” na que colabora a asociación Alifáfaro. O proxecto recibiu nas axudas do 2007 da Axencia Audiovisual Galega a cantidade de 50.000 euros, dun orzamento total de 200.000 euros para a súa realización. O filme, do que é directora e guionista Nerea Castro Vicente contará para o seu desenvolvemento co apoio da produtora viguesa Deboura. Esta noite presentarase a súa páxina web, ademais do inicio da rodaxe que vaise levar a cabo en dúas fases. A primeira consistirá en crear os correspondentes efectos especiais mediante ordenador para conseguir escenas que non se poden realizar por medios normais ou que a súa creación é demasiado cara ou perigosa. Para lograr os resultados requiridos utilizaranse programas como o XSI Softimage, empregado nas mellores superproducións cinematográficas. No transcurso da última semana de febreiro e as tres primeiras semanas de marzo do vindeiro ano iniciarase a rodaxe do filme en HD xa coa presenza dos actores que darán vida ás personaxes desta historia. Unha historia que, tomando como punto de partida os vertidos tóxicos arroxados na fosa atlántica no ano 1981 polo goberno de Margaret Tatcher, denunciará o continuo risco de hecatombe ecolóxica ao que está exposta Galicia. Esta axuda da Consellería de Cultura da Xunta pensada, ademais con éxito salientábel, para permitir o acceso de novos realizadores ao ámbito cinematográfico, non permite en cambio polas duras condicións do mercado unha difusión fóra da dos circuítos alternativos. A Zampamonstros, nun caso de verdadeira fortuna, vai ser distribuída en DVD en EE. UU. grazas ao contrato que Deboura conseguiu asinar no último mercado da televisión de Cannes cunha distribuidora americana especializada no xénero fantástico e de terror.
O venres 16 de novembro presentaremos o proxecto de "Ulises, a Zampamonstros" cunha gran festa na sala La Fabrica de Chocolate de Vigo. Contaremos ca actuación en vivo do grupo F.A.N.T.A., ca animación do Dj Chiri e algunhas que outras sorpresas. O remate da festa será no after El Manco e correrá a cargo do conhecidisimo Dj Juan de Pablos (locutor da Radio3).
Máis vale tarde que nunca, aquí subimos algunhas imáxenes das Xornadas de Rol: nROLate que levamos a cabo o pasado 4 e 5 de Agosto, e que foron un pequeno éxito para a nosa Asociación.