O fin podemos dicir as datas nas que imos a celebrar as xornadas deste ano. Moito foi o traballo realizado e o moito é o que aínda queda por vir.
En pouquiño tempo iremos enumerando as actividades que estamos a preparar de cara á edición deste ano. Mantédevos atentos o blog para coñecer todas as novidades!!
Nas datas deste ano fará un pouco de frio e polo tanto desaconsexamos que a xente veña a acampar este ano. Pero como pensamos en vos estivemos a buscar opcións e unha delas e a Pousada da Juventude situada na veciña Vila Nova de Cerveira. Atópase a 10 minutos de Goián e os prezos son máis que asequibles:
Por persoa en cuarto multiple: 13€ Por cuarto dobre: 32€
O link é: http://www.pousadasjuventude.pt/edicoes1/pousadas/artigos.asp?rev=1&cat=23&art=222
Xa temos imaxe para o nROLate deste ano, iso quere dicir que o proxecto está moi avanzado e andamos a falar con colaboradores e patrocinadores.
Esta edición haberá moitas novidades e sorpresas para todolos públicos. Pero como ainda estamos organizando todo, ¿qué e o que vos gustaría que houbese nesta edición?.
Debido ao éxito acadado durante as “Xornadas de Rol: nROLate” celebradas o pasado ano, a Asociación Alifáfaro repite a experiencia neste ano 2008. Tódolos asistentes valoraron positivamente esta actividade colectiva e lúdica, polo que este ano haberá novos regalos para os participantes e novas competicións.
As boas relacións cos actuais colaboradores e patrocinadores, e os novos contactos creados a partir daquela experiencia, fan posible que hoxe poidamos adiantar a data do vindeiro nROLate, previsto para finais de agosto.
Grazas á contribución de diferentes editoriais, ao fondo adquirido pola propia asociación e a coleccións privadas de diversos membros asociados, poderemos contar cunha ampla selección de xogos nos seus diferentes campos. Todos eles formarán parte das exposicións e estarán a disposición dos asistentes, co fin de incrementar a oferta de ocio na vila para a xente nova.
Esta noite terá lugar na cidade de Vigo a presentación do filme “Ulises a Zampamonstros” na que colabora a asociación Alifáfaro. O proxecto recibiu nas axudas do 2007 da Axencia Audiovisual Galega a cantidade de 50.000 euros, dun orzamento total de 200.000 euros para a súa realización. O filme, do que é directora e guionista Nerea Castro Vicente contará para o seu desenvolvemento co apoio da produtora viguesa Deboura. Esta noite presentarase a súa páxina web, ademais do inicio da rodaxe que vaise levar a cabo en dúas fases. A primeira consistirá en crear os correspondentes efectos especiais mediante ordenador para conseguir escenas que non se poden realizar por medios normais ou que a súa creación é demasiado cara ou perigosa. Para lograr os resultados requiridos utilizaranse programas como o XSI Softimage, empregado nas mellores superproducións cinematográficas. No transcurso da última semana de febreiro e as tres primeiras semanas de marzo do vindeiro ano iniciarase a rodaxe do filme en HD xa coa presenza dos actores que darán vida ás personaxes desta historia. Unha historia que, tomando como punto de partida os vertidos tóxicos arroxados na fosa atlántica no ano 1981 polo goberno de Margaret Tatcher, denunciará o continuo risco de hecatombe ecolóxica ao que está exposta Galicia. Esta axuda da Consellería de Cultura da Xunta pensada, ademais con éxito salientábel, para permitir o acceso de novos realizadores ao ámbito cinematográfico, non permite en cambio polas duras condicións do mercado unha difusión fóra da dos circuítos alternativos. A Zampamonstros, nun caso de verdadeira fortuna, vai ser distribuída en DVD en EE. UU. grazas ao contrato que Deboura conseguiu asinar no último mercado da televisión de Cannes cunha distribuidora americana especializada no xénero fantástico e de terror.
O venres 16 de novembro presentaremos o proxecto de "Ulises, a Zampamonstros" cunha gran festa na sala La Fabrica de Chocolate de Vigo. Contaremos ca actuación en vivo do grupo F.A.N.T.A., ca animación do Dj Chiri e algunhas que outras sorpresas. O remate da festa será no after El Manco e correrá a cargo do conhecidisimo Dj Juan de Pablos (locutor da Radio3).
Máis vale tarde que nunca, aquí subimos algunhas imáxenes das Xornadas de Rol: nROLate que levamos a cabo o pasado 4 e 5 de Agosto, e que foron un pequeno éxito para a nosa Asociación.
Podemos anunciar xa que grazas á Consellería de Cultura e Deporte, empezamos con bo pé a pre-produción da longametraxe. Manteremosvos informados do que suceda. Mentres, podedes ver unha demo do que poderá ser a longametraxe.
Podemos dicir que as Xornadas de Rol foron un pequeno éxito para Alifáfaro. Todos os asistentes quedaron moi contentos co resultado, coas actividades dispostas e ca cantidade de regalos que tiñamos para todos aqueles que participaron, ademais dos gañadores das competicións.
Afianzáronse as boas relacións cos actuais colaboradores e patrocinadores, e creáronse novos contactos de cara aos futuros eventos relacionados co mundo dos Xogos de Rol.
Por outra banda podemos facer oficial o comezo da preprodución dunha longametraxe que será rodada o longo do 2008: “Ulises, a Zampamonstros”. O xénero da mesma estará encadrada na serie B, propia do Hollywood dos anos 50, e pretende achegar aos máis xoves da comarca ao proceso de realización dun filme. Coñecerán de preto como fan os efectos especiais, como se actúa para as películas ou como se compón música para elas.
En pouco tempo iremos amosando diferentes deseños da produción, así coma subiremos imaxes das Xornadas de Rol: nRolate.
Este é o mapa de como chegar as Xornadas de ROL: nROLate que a Asociación Cultural Alifáfaro vai celebrar o vindeiro fin de semana do 4 e 5 de Agosto.
Existe unha liña regular de autobuses, VIGO - TUI - A GUARDIA, da empresa ATSA que ten unha parada a preto de 200 metros do Polideportivo. Para os que se acheguen no se propio vehículo, o redor do Polideportivo existe unha ampla zona de aparcamentos.
A zona de acampada está tamén situada o carón do emprazamento das xornadas, e disporán de servizos e duchas no interior do complexo.
Xa podemos confirmar a celebración das primeiras Xornadas de Rol: nRolate.
Terán lugar o 4 e 5 de Agosto no polideportivo de Goián; as portas abriranse ó público o sábado as 16:00, e as actividades durarán ata o domingo as 20:30.
Alí poderedes coñecer de preto diferentes tipos de Xogos de Rol, desde manuais dos xogos máis coñecidos ata cartas ou Wargames. Haberá partidas de iniciación e avanzadas, para os que xa coñecen os xogos, así coma agasallos e outras sorpresas.
Habilitaremos unha zona de acampada para todos aqueles que se despracen dende lonxe ou os que non queiran perder un intre de xogo.
En pouco tempo engadiremos máis información referente as Xornadas, así coma o cartel das mesmas.